Enviado por plmarcos el Mié, 09/27/2017 - 12:53

Como ven sendo habitual un pouco antes de celebrar a Feira do Mel, organizamos un día con un curso e despois a tradicional comida de confraternidade.

Nesta ocasión o curso tratou sobre maneiras de loitar contra a Vespa velutina que tantos estragos esta facendo nos apiarios de algúns dos nosos socios.

Foi impartido polo veterinario Pablo Piñeiro Fraga e contou coa colaboración de Marcos, un asociado da zona da Mariña lucense con experiencia na colocación de harpas eléctricas.

Para a tradicional comida de confraternidade, e a suxerencia de moitos socios, decidimos cambiar de restaurante e xuntámonos no Carlos (O Ceao) onde pasamos un agradable rato que foi de agrado da maioría dos presentes.

Dende aquí queremos agradecer ós asistentes a súa presencia e animar a todos a participar neste tipo de eventos pois ademais de para coñecernos mellor, serven para aumentar os coñecementos ó compartir cada un as súas valiosas experiencias persoais.

curso Aplacurso Aplacurso Apla Harpa eléctricacomida de confraternidadcomida de confraternidad