Curso Vespa Velutina e comida de confraternidade

Enviado por plmarcos el Mié, 09/27/2017 - 12:53

Como ven sendo habitual un pouco antes de celebrar a Feira do Mel, organizamos un día con un curso e despois a tradicional comida de confraternidade.

Nesta ocasión o curso tratou sobre maneiras de loitar contra a Vespa velutina que tantos estragos esta facendo nos apiarios de algúns dos nosos socios.

Foi impartido polo veterinario Pablo Piñeiro Fraga e contou coa colaboración de Marcos, un asociado da zona da Mariña lucense con experiencia na colocación de harpas eléctricas.