Dende o Colexio oficial de veterinarios foi comunicado o seguinte noticia para tódolos profesionais do gremio achegada por persoal da Xunta de Galicia:
"Estimados amigos
Un dos produtos que os veterinarios poden prescribir para a loita contra a varroase, é o CHECK-MITE (cumafós), medicamento non autorizado en España, pero si noutros Estados Membros.
Ata este ano, a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (subdirección xeral de Medicamentos de Uso Veterinario) renovaba anualmente a súa autorización excepcional de comercio intracomunitario hacia España.
O cambio lexislativo introducido polo Real decreto 1132/2010, de 10 de setembro no artigo 82 do Real decreto 109/1995, de 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios, cambia a situación, e obriga a modificar as actuacións dos veterinarios previas á súa prescrición excepcional.
Deste xeito, cumpre a divulgación dos feitos e do cambio normativo entre todos os colexiados, motivo polo que os remitimos esta información e o procedemento que se adxunta".
O citado documento de autorización é o seguinte:
1. Iníciase o procedemento mediante solicitude do veterinario na que indique:
· Produto a empregar (“CHECK-MITE”)
· Principio activo (“Cumafós”)
· Laboratorio fabricante (“Laboratorio Ceva Salúd Animal, S.A.”)
· Enfermidade a tratar (“Varroase”)
· Causa da prescrición excepcional (“Necesidade de rotación para evitar
resistencias”)
· Explotacións ás que se vai prescribir (REGAS)
· Nº de colmeas en cada REGA
· Cantidade de medicamento para cada REGA
Esta solicitude presentarase no rexistro do Servizo Provincial de Gandaría
correspondente (se a solicitude esténdese a varias provincias, nun dos servizos).
2. Transcorridos cinco días desde a presentación da solicitude, o medicamento
pode prescribirse como prescrición excepcional ás explotacións indicadas, se non
se recibiu resolución prohibindo o seu uso.





