Dende o Goberno da Xunta de Galicia, Consellaría do Medio Rural informouse a APLA que este ano vanse a subvencionar os mesmos tratamentos que o ano pasado, tal como se indica a continuación:
O CHECK - MITE ten un custo (IVE incluído) de 32,10 €/envase (1 envase da para tratar cinco colmeas), polo tanto, o apicultor deberá facer fronte ao 50 % do seu custo, é dicir, 16,05 euros/ENVASE, equivalente a 16,05 € por cada 5 colmeas.
O APIGUARD ten un custo (IVE incluído) de 30,28 €/envase (1 envase da para tratar cinco colmeas), polo tanto, o apicultor deberá facer fronte ao 50 % do seu custo, é dicir, 15,14 euros/ENVASE, equivalente a 15,14 € por cada 5 colmeas.
O THYMOVAR ten un custo (IVE incluído) de 30,28 €/envase (1 envase da para tratar cinco colmeas), polo tanto, o apicultor deberá facer fronte ao 50 % do seu custo, é dicir, 15,14 euros/ENVASE, equivalente a 15,14 € por cada 5 colmeas.
No caso do CHECK – MITE, antes de entregar o vale na Oficina Agraria Comarcal, deberá facer un ingreso, na conta de Caixa Galicia número 2091 1024 8230 4000 3835
No caso do APIGUARD e o THYMOVAR, antes de entregar o vale na Oficina Agraria Comarcal, deberá facer un ingreso, na conta de Caixa Galicia número 2091 0111 91 3040003311
polo importe correspondente ao número de envases solicitados (16,05 € x nº de envases para o CHECK – MITE, 15,14 € x nº de envases para o APIGUARD e 15,14 € x nº de envases para o THYMOVAR ), poñendo no concepto o nome da persoa física ou xurídica titular da explotación apícola. Deberá entregar o xustificante do ingreso xunto co vale.
Para calquera aclaración poden chamar o 652186630 (Iván).
Esta información tamén a teñen a súa disposición nas oficinas agrarias comarcais





